Logo Xerais

Ficha libro dixital

As Galicias do Norte 1

Manuel López Fernández
José Luis Murado Bouso
Xesús Rodríguez Rodríguez

Educación Secundaria Obrigatoria> Primeiro Ciclo> Ciencias Sociais, Xeografía e Historia

Contidos

Libro para encerado dixital interactivo

As Galicias do Norte aproveita o potencial didáctico que ofrecen as afinidades etnoculturais existentes entre Galicia, Irlanda, Escocia, Gales, a Illa de Man, Cornualles e Inglaterra para conseguir unha aprendizaxe significativa das linguas inglesa e galega, así como das ricas culturas destes territorios. Destinada basicamente á educación secundaria obrigatoria, a obra completa está composta por tres libros que achegan diferentes temáticas e por un caderno de actividades:
As Galicias do Norte 1 (dixital): xeografía, arqueoloxía e historia
As Galicias do Norte 2 (dixital): relixión, lendas e tradicións
As Galicias do Norte 3 (dixital): linguas e literaturas, música e gastronomía
Caderno de actividades (impreso): con material fotocopiable para traballar na aula

Para acceder de forma gratuíta aos contidos deste libro póñase en contacto con nós a través do correo electrónico -- xerais@xerais.es -- indicando o seu nome e apelidos. Se é vostede docente, pregámoslle que nos indique tamén o centro educativo en que imparte clases.