Logo Xerais

Info autor/a

Iglesias Álvarez, Ana

(enviar correo)

Ana Iglesias Álvarez (Vigo, 1973) é licenciada en filoloxía hispánica e filoloxía galego-portuguesa. Desde o inicio da súa actividade investigadora centrouse no ámbito da Socioloxía da linguaxe, en concreto na análise das actitudes e ideoloxías lingüísticas en situacións de linguas en contacto. A parte empírica da súa investigación desenvolveuna principalmente en Galicia, pero tamén noutras comunidades españolas, como Cataluña e Euskadi. Participou en numerosos congresos en varios países, e ten publicados diversos artigos en revistas especializadas, como Verba, Cadernos de Lingua, ou Estudios de Sociolingüística. Defendeu a súa Tese de Doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela, co título Actitudes e ideoloxías lingüísticas a través do discurso: A situación en distintas comunidades de España. Dedícase así mesmo ó campo da Psicolingüística e forma parte dun grupo de investigación integrado na devandita Universidade, que ten como obxectivo a "Elaboración dun test (lingüístico) para avaliar déficit comunicativos en idade infantil". Ademais, traballa actualmente como traductora-intérprete na Audiencia Provincial de Pontevedra. É autora de Falar galego: "no veo por qué". Aproximación cualitativa á situación sociolingüística de Galicia (Xerais 2003).

As sas obras