Educación Infantil

Valentes

Un proxecto para a Igualdade

Non hai nada máis normal que ser diferente. As persoas valentes non sempre fan ruído, pero son multitude, e cómpre que sexan ben visibles: cando berran ou calan, cando senten, triunfan ou padecen, cando constrúen camiños de igualdade e diversidade, cando defenden o dereito a ser diferentes e capaces, sen prexuízos, cando lles dan voz aos seus corazóns con latexos de afouteza, respecto, compromiso, reflexión…

Características xerais de Valentes:

Etapas
Dirixido
Proxecto para o último curso de Educación Infantil, dirixido a alumnos de 5 a 6 anos.
Aprendizaxes cooperativas
Respecto
Metodoloxías activas e manipulativas por unha educación respectuosa con todas as capacidades.
Contidos principais
Coñecemento
Proxecto cun enfoque normalizador da diversidade na aula.
Identificarse
Unidades baseadas en historias 
Para propiciar a empatía, o diálogo e o desenvolvento da capacidade crítica.
Todas as áreas
Competencias do currículo
Intelixencias múltiples e material interdisciplinario aberto a un grande abano de posibilidades.

Transmitir que a diversidade suma e as diferenzas enriquecen forma parte da proposta didáctica Valentes, unha serie do proxecto educativo Interésame, plural e inclusivo baseado en aprendizaxes respectuosas de convivencia e en metodoloxías activas. Porque somos diferentes… pero non desiguais!

Valentes ofrece un material educativo de traballo por proxectos a partir dun proceso intencionado de intervención.
Libros de texto e recursos educativos
Materiais de Valentes

Use os seguintes filtros para atopar todos os libros de texto, materiais educativos e recursos didácticos, para estudantes e profesores, que compoñen este proxecto educativo:

         

        Sen resultados