En galego

Lingua e Literatura

Secundaria

O proxecto educativo de Xerais para ESO está creado por docentes con ampla experiencia na aula e unha base pedagóxica firme e rigorosa. O obxectivo de todos os materiais é a adquisición de competencias e saberes, apostando firmemente pola atención á diversidade.

As claves do proxecto de Lingua e Literatura para ESO son...

Inclusión
Tanto os textos empregados nas lecturas de cada unidade, coma aqueloutros utilizados como apoio dos diferentes apartados e actividades apostan pola inclusión.
O proxecto Xerais de Bacharelato aposta pola inclusión
Igualdade e diversidade
Ademais de propostas específicas para atender á diversidade, que se inclúen no material complementario, resulta de moita utilidade o apartado “Reforzo e ampliación” que figura en cada unidade.
O proxecto de Xerais aposta pola diversidade
Aprendizaxe cooperativa
En cada trimestre proponse un suxestivo traballo cooperativo que abrangue temas do interese. A partir dunha situación de aprendizaxe, ofréceselle a posibilidade de realizar unha actividade para chegar a un final integrador e estimulante.
O proxecto de Xerais aposta pol traballo cooperativo
Desenvolvemento sustentable
Igual que o coidado e respecto polo medio, é un tema que se trata en parte dos textos propostos e, ademais, tamén se aborda nalgún dos proxectos trimestrais.
O proxecto de Xerais aposta pol desenvolvemento sustentable
Educación emocional
A selección das lecturas coas que arranca cada unidade teñen en conta este principio da educación emocional, nomeadamente a banda deseñada que figura en cada curso.
O proxecto de Xerais aposta pola educación emocional
TIC
A variedade de materiais do libro dixital permite identificar os coñecementos previos, preparar unha clase invertida. Facilita tamén a aprendizaxe en calquera contexto xa que o profesorado pode seguir a rastreabilidade dos contidos e actividades.
O proxecto Xerais para Bacharelato aposta polas novas tecnoloxías
Competencial
Incorporamos unha ampla batería de actividades competenciais que lle permiten ao alumnado aprender facendo e levar á práctica no seu contorno os saberes básicos adquiridos.
O proxecto de Xerais es competencial
Avaliación
En cada unidade ofrécese unha avaliación inclusiva con actividades de reforzo e ampliación para dar resposta á diversidade do alumnado. Proponse tamén unha autoavaliación final de cada unidade..
Sistemas de avaliación no proxecto educativo de Xerais

Este proxecto educativo complétase con materiais dixitais do novo proxecto dixital EduDynamic.

Libros de texto e recursos educativos
Lingua e Literatura para ESO en galego

Use os seguintes filtros para atopar todos os libros de texto, materiais educativos e recursos didácticos, para estudantes e profesores, que compoñen esta serie:

         

        Sen resultados