04 octubre 2023

Noticias

Recomendacións de seguridade no proxecto dixital de Xerais

Correo electrónico e phishing

O phishing é unha técnica de ciberdelincuencia que consiste no envío de correos electrónicos que suplantan a identidade de compañías ou organismos públicos e lle solicitan información persoal ao usuario. Estes correos electrónicos fraudulentos adoitan incluír o logotipo ou a imaxe de marca dunha entidade, e, en ocasións, intentan transmitir urxencia e medo para que o usuario realice as accións que lle solicitan.

Co fin de previr ataques de phishing en nome de Grupo Anaya informámoste de que nunca che imos solicitar datos persoais adicionais como contrasinais, datos de menores, números de conta ou tarxetas bancarias. Todos os datos que necesitamos para que poidas xestionar os teus recursos dixitais na nova web do profesorado ou na nova web do alumnado nolos facilitaches no momento do teu rexistro e podes consultalos sempre que queiras cando accedas á accedas á área privada utilizando o teu enderezo de correo electrónico e o teu contrasinal.

Se recibes un e-mail que cres que pode ser fraudulento, recomendámosche que o ignores e o elimines sen facer clic en ningún enlace nin descargar ningún arquivo adxunto. Para máis información podes poñerte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente a través do correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou do teléfono 913 933 933.

Uso de contrasinais

En virtude dun uso responsable e seguro da nosa nova plataforma de xestión de recursos educativos facémosche chegar unhas recomendacións para manter a salvo os teus datos persoais:

    Usa un contrasinal de acceso seguro: mínimo de 8 carácteres con combinacións de letras maiúsculas, minúsculas, números e símbolos. Usa palabras ou frases inusuais para que sexan difíciles de adiviñar polos ciberdelincuentes. Evita usar información persoal: nomes, datas, direccións, números de teléfono son doados de encontrar.

    Non compartas nunca un usuario/a de acceso. Ten en conta que cada usuario/a e contrasinal dan acceso a datos persoais que non deben ser vistos por outras persoas. Se alguén accede a estes datos persoais podería manipulalos fraudulentamente.

    Mantén en segredo o teu contrasinal seguro. Non escribas os teus contrasinais en papel nin a compartas por ningún medio. Todos os servizos con rexistro dispoñen de sistemas de recuperación de contrasinal que podes utilizar sempre que o necesites.

    Evita o uso continuado de contrasinais establecidos por defecto e recibidos por e-mail. Cando recibas un contrasinal establecido por defecto utilízao só para o acceso e establece de inmediato o teu contrasinal secreto e seguro..

    Non utilices nunca o mesmo contrasinal para varios servizos. Se conseguen acceder a unha delas, poderían usar o mesmo contrasinal para acceder ao resto de contas ou servizos. Podes utilizar un xestor de contrasinais para axudarche a recordalas. Son programas que as almacenan e encriptan para que só ti poidas acceder a elas.

Cambiar contrasinal na área privada de Xerais

Se queres aplicar estas recomendacións, recorda que na sección ¿Cambiar contrasinal¿ da túa zona privada podes realizar as modificacións que necesites.

Esqueciches o contrasinal?

Se esqueciches o teu contrasinal de acceso podes solicitar un novo no formulario de acceso á túa zona privada.

Se tes calquera dúbida sobre esta información, podes poñerte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente a través do correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou do teléfono 913 933 933.

COMPARTIR