Educación Infantil 

Interésame

Traballo por proxectos

Os proxectos en Educación Infantil supoñen unha forma de traballar e aprender que se vai construíndo entre todos, investigando e experimentando. Os proxectos educativos para Infantil, como Interésame, deben xurdir dos intereses dos nenos e das nenas e responder á curiosidade e ás necesidades dos pequenos para que funcionen e sexa viable levalos a cabo.

O traballo por proxectos aposta por un cambio no xeito de ensinar e de aprender na escola. Implica que o alumno e a alumna son os verdadeiros protagonistas das súas aprendizaxes, de xeito que cada un progresa ao seu ritmo desenvolvendo habilidades, destrezas e actitudes mediante tarefas motivadoras en que deben pensar, experimentar, xogar, participar, compartir, resolver... O importante non é o resultado final, senón o proceso de aprendizaxe e afondamento que os nenos e as nenas levaron a cabo.

Aprender por proxectos con Interésame supón:

Desenvolvemento
Intelixencias múltiples
Tarefas propostas para o alumnado teñen en conta os diferentes estilos cognitivos e capacidades e potencian en igual medida todas as intelixencias.
Práctico
Aprendizaxe significativa
Van ir construíndo, descubrindo e modificando as súas ideas e esquemas previos de xeito que poidan aplicar o aprendido a outras situacións e contextos.
Organizando as ideas
Desenvolvemento competencial 
Irán desenvolvendo procesos cognitivos, habilidades e destrezas que van ir facilitando a súa integración (social, relacional...) no mundo que os rodea.
Aprender a aprender
Potenciando a autonomía
A interacción co medio e co grupo-clase, favorecendo o desenvolvemento da aprendizaxe construtivista.
Grupos de investigación
Traballo cooperativo
Fomentando a repartición de roles e as actitudes de escoita, respecto, planificación, organización, tolerancia... 

O traballo por proxectos leva consigo, en definitiva, un tratamento motivador, divertido, práctico e eficaz, avalado por profesionais da educación. Supón unha forma de entender e desenvolver o proceso de ensino e aprendizaxe, unha filosofía de traballo e un reto profesional.

Valentes

Un proxecto para a igualdade

Mira os materiales

Fases do traballo por proxectos

As fases do traballo por proxectos non implican rixidez, non son fases fixas, senón un proceso dinámico en continua evolución en función das propostas e cambios que van xurdindo. O mestre ou a mestra debe ser o “faro-guía” que propicie as condicións idóneas para que o alumnado aprenda “case só” de xeito creativo, participativo e colaborador, de forma que cada un se enriqueza das aprendizaxes e achegas de todos.

  • Un proxecto de traballo é un plan de acción que un grupo de nenos e nenas levan a cabo para resolver un problema, afondar nun contido determinado ou conseguir un obxectivo.
  • É moi importante saber a situación problemática de orixe, cara a onde van e que se quere conseguir (resolución da situación orixinaria formulada).
  • Polo anterior é necesario realizar un exercicio de reflexión e planificación, por parte do docente, para axudar aos estudantes.

“A aprendizaxe prodúcese de mellor maneira cando é consecuencia de experiencias significativas, xa que isto lle permite ao estudante ser copartícipe na planificación, producción e comprensión dunha experiencia”, Teoría sobre a metodoloxía por proxectos, William Heart Kilpatrick (1918).

Libros de texto e recursos educativos
Materiais de Interésame

Use os seguintes filtros para atopar todos os libros de texto, materiais educativos e recursos didácticos, para estudantes e profesores, que compoñen este proxecto educativo:

         

        Sen resultados