O proxecto Comprendetextos presenta un caderno de actividades para o alumnado que proporciona novas estratexias no traballo específico da comprensión lectora en lingua galega.
Este material proporciona ferramentas para traballar a comprensión lectora en Primaria a partir de todo tipo de textos, con especial atención aos máis empregados na vida cotiá, de acordo co establecido no currículo (normas, instrucións, listaxes, notas, avisos etc.).