EduDynamic é o novo proxecto educativo dixital do Grupo Anaya. Para facilitarche o acceso ao novo escenario dixital para o profesorado e o uso dos novos libros e recursos dixitais, preparamos uns titoriais. Preme nas seguintes ligazóns para acceder directamente a cada un dos apartados do titorial:
Cando accedas á
Rexistro na área privada de Anaya
Para iniciar o proceso de rexistro deberás cubrir o formulario de rexistro seguindo as instrucións que atoparás no propio formulario.
Cando teñas todos os campos cubertos, envía o formulario. A continuación, recibirás un correo informando de que a túa solicitude foi rexistrada. Os teus datos serán recibidos polo persoal de promoción escolar, que os revisará e os validará, ou se poñerá en contacto contigo se falta algún dato ou se require algunha corrección. Unha vez comprobados os datos da túa solicitude, en 24 horas recibirás un correo electrónico coa confirmación do rexistro.
Se es membro da comunidade Anaya de anos anteriores, non necesitarás rexistrarte de novo na área privada da web do selo editorial na que xa te rexistraches con anterioridade. Así e todo, se este curso vas impartir clases con libros doutros selos editoriais, si deberás rexistrarte na área privada do(s) novo(s) selo(s). Se premes nas seguintes ligazóns, accederás á área privada de cada un dos selos editoriais:
Para acceder á área privada do selo ou selos nos que xa te rexistraches con anterioridade só tes que introducir o teu usuario (o correo electrónico co que te rexistraches) e o teu contrasinal. Se non o lembras, preme en Recuperar contrasinal.
Para rexistrarte nunha área privada “nova”, consulta o Proceso de rexistro para docentes.
Se esqueciches o teu contrasinal, preme no texto Recuperar contrasinal en el formulario de acceso á área privada de Xerais e sigue as instrucións da web e as que recibirás por correo electrónico. Para conseguir recuperar o contrasinal terás que ter acceso ao correo electrónico co que te rexistraches na área privada.
Lembra que se creaches diferentes perfís nas áreas privadas de diferentes selos editoriais, é probable que os contrasinais sexan diferentes e o cambio de contrasinal nun deses perfís non implica o cambio de contrasinal no resto.
Unha vez se complete o teu rexistro coa validación dos teus datos e accedas á área privada, podes empezar a xestionar os teus libros e recursos premendo en Os meus libros dixitais (libros para o profesorado) ou Os meus recursos (programacións, propostas didácticas, metodoloxía e outros recursos para o profesorado).
Para seleccionar un libro dixital ou un recurso para engadilo ao teu andel virtual terás que indicar o curso e a área ou proxecto educativo no que se localiza o libro ou recurso. Unha vez seleccionados estes parámetros apareceranche os materiais dispoñibles para Engadir ao teu andel.
Unha vez accedas á área privada da web, podes acceder aos teus datos persoais e profesionais premendo na ligazón A miña conta:
En Modificar datos poderás xestionar os teus datos de usuario:
En Modificar contrasinal poderás actualizar o teu contrasinal.
En Cerrar sesión poderás finalizar a túa sesión de traballo na área privada do selo editorial no que te encontres para iniciar outra sesión noutro selo editorial.
BlinkLearning é unha plataforma na que os usuarios, xa sexa o profesorado ou o alumnado, teñen acceso a libros dixitais interactivos.
Preme nas seguintes ligazóns para descargar os titoriais de cada paso do proceso para o rexistro e uso dos libros dixitais de EduDynamic:
Os docentes rexistrados con anterioridade na área privada terán acceso dende ela aos seus libros dixitais e a unha gran variedade de recursos como programacións, actividades complementarias, recursos imprimibles…
Para acceder á área privada cómpre utilizar as credenciais (usuario e contrasinal) asignadas no momento do rexistro: enderezo de correo electrónico e contrasinal. Se non lembras o contrasinal asociado ao teu usuario, aquí podes ver como crear un novo contrasinal.
Se vas impartir clases por primeira vez cos libros dalgún dos selos do Grupo Anaya e queres acceder ao contido de EduDynamic, é necesario que te deas de alta cubrindo o formulario de rexistro. Se tes dúbidas, mira o proceso de rexistro para docentes nesta mesma páxina. Unha vez enviado o formulario, recibirás unha mensaxe na que se informa de que a túa solicitude foi rexistrada e de que o asesor/a comercial que atende o teu centro escolar comprobará os teus datos profesionais e autorizará a alta como membro da nosa comunidade.
No momento en que estea aprobada a solicitude de alta poderás acceder coas túas credenciais á área privada da web e terás acceso a todos os teus recursos. Se tes dúbidas sobre como acceder á área privada, podes consultar o proceso para o acceso á área privada de Xerais nesta mesma páxina.
Nesta mesma páxina podes consultar como engadir libros e recursos ao teu andel virtual e como xestionar os teus datos de usuario, e no pé de páxina da área privada dispós dunha serie de ferramentas para recibir axuda. Podes contactar co servizo de Atención ao Cliente a través do enderezo de e-mail clientes@grupoanaya.com ou a través do formulario de contacto.
Se es docente, necesitas estar rexistrado ou rexistrada na parte privada ou persoal da web do selo editorial correspondente para acceder ao proxecto dixital EduDynamic. Aquí podes ver como rexistrarse na área privada.
Unha vez rexistrado ou rexistrada, podes acceder ao contido dos libros dixitais entrando en Os meus libros dixitais:
Adicionalmente, se o teu centro traballa con BlinkLearning, é posible que che proporcionase un código de licenza para o noso contido e que se pode utilizar sobre a súa interface.
Se tes dúbidas sobre como acceder ao contido dixital de EduDynamic, consulta a información sobre como engadir e xestionar libros e recursos ou os titoriais de BlinkLearning nesta mesma páxina.
O apartado Os meus recursos contén máis documentación para o teu traballo docente (avaliacións, solucionarios, programacións, propostas didácticas...).
Se tes dúbidas sobre como acceder ao contido dixital de EduDynamic, consulta a información sobre como engadir e xestionar libros e recursos nesta mesma páxina.
Se esqueciches o teu contrasinal, preme no texto Recuperar contrasinal noformulario de acceso á área privada de Xerais e sigue as instrucións da web e as que recibirás por correo electrónico. Para conseguir recuperar o contrasinal terás que ter acceso ao correo electrónico co que te rexistraches na área privada.
Para coñecer as condicións de venda dos libros de texto a título particular para profesores entra na Tenda de libros para docentes.