Como usar a área privada e os
novos libros dixitais de Xeris
EduDynamic para
o alumnado

EduDynamic é o novo proxecto educativo dixital do Grupo Anaya. Para facilitarche o acceso ao novo escenario dixital para o alumnado e o uso dos novos libros dixitais, preparamos uns titoriais. Preme nas seguintes ligazóns para acceder directamente a cada un dos apartados do titorial:

  1. Como rexistrarse na área privada de Xerais
  2. Como acceder á área privada de Xerais
  3. Como recuperar o contrasinal de acceso
  4. Como engadir e xestionar libros dixitais
  5. Como xestionar os meus datos na área privada de Xerais
  6. Como usar os libros dixitais de EduDynamic
  7. Preguntas frecuentes

Como rexistrarse na área privada de Xerais
Proceso de rexistro para o alumnado

Se es novo alumno ou alumna na comunidade Xerais, terás que rexistrarte na área privada dunha das webs para acceder aos teus libros dixitais EduDynamic. Se premes nas seguintes ligazóns, accederás á área privada de cada un dos selos editoriais:

Preme nas imaxes para acceder á área privada
Acceso á área privada de EduDynamic
Desliza para navegar
Acceso á área privada de Xerais
Acceso á área privada de Algaida
Acceso á área privada de Anaya
Acceso á área privada de Anaya/Haritza
Acceso á área privada de Barcanova
Acceso á área privada de Bruño

Cando accedas á área privada de cada selo deberás solicitar o rexistro a través da ligazón alumno/a, ou facendo clic no seguinte botón:

Rexistro na área privada de Xerais

Para iniciar o proceso de rexistro deberás cubrir o formulario de rexistro seguindo as instrucións que encontrarás no propio formulario. Se es menor de 14 anos, deberás rexistrarte coa axuda do teu pai, nai ou titor/a.

Cando cubras todos os campos, envía o formulario. A continuación, poderás acceder á túa área privada co usuario e contrasinal que escribiches no teu rexistro. Se tes dúbidas, consulta a información para o acceso á área privada nesta mesma páxina.

Como acceder á área privada de Xerais
Acceso á área privada para o alumnado

A primeira vez que accedas á túa área privada terás que seleccionar a comunidade autónoma na que estudas e, a continuación, poderás engadir os códigos de licenza dos teus libros dixitais ao teu andel virtual. Se tes dúbidas sobre como xestionar os teus libros dixitais na área privada de Xerais ou como utilizar os novos libros dixitais de EduDynamic, consulta a información ao respecto nesta mesma páxina.

Se es alumno ou alumna de anos anteriores pero non lembras o teu contrasinal de acceso, consulta a información sobre como recuperar o teu contrasinal de usuario nesta mesma páxina.

Como recuperar o contrasinal de acceso á área privada de Xerais
Recuperación de contrasinal

Se esqueciches o teu contrasinal, preme no texto Recuperar contrasinal no formulario de acceso á web do alumnado de Xerais e sigue as instrucións da web e as que recibirás por correo electrónico. Para conseguir recuperar o contrasinal terás que ter acceso ao correo electrónico co que te rexistraches na área privada.

Lembra que se creaches diferentes perfís nas áreas privadas de diferentes selos editoriais é probable que os contrasinais sexan diferentes, e o cambio de contrasinal nun deses perfís non implica o cambio de contrasinal no resto.

Como engadir e xestionar libros e recursos
Xestión de libros e recursos na área privada

Cada libro físico leva impreso un código alfanumérico na cara interior da tapa frontal, preto do texto que fai referencia ao proxecto dixital EduDynamic co logo 

Logotipo de EduDynamic

Para engadir os teus libros dixitais ao teu andel virtual só tes que entrar no apartado Os meus libros dixitais da túa área privada, seguir as instrucións de navegación e escribir o código alfanumérico da tapa do teu libro físico no campo baixo o texto “Credencial ou código / licenza”.

Engadir libros e recursos na área privada de EduDynamic
Como xestionar os meus datos na área privada de Xerais
Xestión da conta de usuario 
Unha vez accedas á área privada da web podes acceder aos teus datos persoais premendo na ligazón "A miña conta":
  • En “Modificar contrasinal” podes actualizar o teu contrasinal de acceso.
  • En “Pechar sesión” podes rematar a túa sesión de estudo na área privada.
Como xestionar os meus datos na área privada de EduDynamic
Como usar os libros dixitais de EduDynamic
Titoriais de BlinkLearning

BlinkLearning é unha plataforma na que os usuarios, xa sexa o profesorado ou o alumnado, teñen acceso a libros dixitais interactivos.​

O primeiro paso para acceder aos contidos dixitais cos que traballaredes na túa clase será que accedas a Blinklearning.com e que, unha vez alí, selecciones Crear conta.

Sigue estas indicacións para continuar:

  1. Crear a túa conta
  2. Recuperar contrasinal
  3. Cambiar de idioma
  4. Engadir libros

FAQ
Preguntas frecuentes sobre o novo proxecto dixital de Xerais

Como me rexistro na parte privada?

Na túa área privada dispoñerás dos teus libros dixitais e doutros recursos complementarios que che serán de grande utilidade.

  1. Entra na área privada do alumnado. Para ter acceso é necesario que premas na ligazón para rexistrarte como alumno/a e que cubras o formulario de rexistro. Lembra que se es menor de 14 anos terá que axudarche o teu pai, nai ou titor/a.​
  2. Unha vez cuberto este formulario, poderás entrar co usuario e contrasinal que indiques.
  3. Escribe o nome de usuario e contrasinal e preme en Acceder.

Como accedo a Os meus libros dixitais?​

Para acceder aos contidos dixitais previamente terás que estar rexistrado ou rexistrada na web do alumnado de Xerais.

Unha vez accedas á túa área privada, terás que introducir o código de licenza que che dará acceso aos contidos dixitais. Este código poderalo obter de tres maneiras distintas:

  1. Se dispós do libro físico en papel, atoparalo impreso nas súas primeiras páxinas.
  2. Se o teu centro educativo ou o teu profesor ou profesora cho proporcionou.
  3. Podes adquirir directamente a licenza dixital do teu libro de texto e validala nesta web.

Adicionalmente, se o teu centro traballa coa plataforma BlinkLearning, é posible que che facilitasen un código de licenza para o noso contido e que poderás utilizar na súa interface.

En calquera dos casos necesitarás a axuda do teu pai, nai ou titor/a se es menor de 14 anos.

Se tes dúbidas sobre como incorporar os teus libros dixitais á área privada de EduDynamic, consulta a información sobre xestión de libros e recursos na área privada ou sobre como utilizar os libros dixitais de EduDynamic en esta misma página.

Podo descargar o libro dixital coa licenza que teño?​

A licenza do libro dixital serve para ver o libro nesta web e para descargalo en dispositivos Android, iOS ou Windows usando os visores correspondentes. Unha vez descargado, poderás reproducilo sen conexión a Internet.

Deime de alta correctamente, pero esquecín o meu contrasinal.​

Se che pasa isto, preme no texto Recuperar contrasinal da web do alumnado de Xerais.

Volve á páxina do proxecto dixital de Xerais

EduDynamic